mércores, 4 de xaneiro de 2012

PARABÉNS ESTHER!

"Esther Vaz Diéguez, vencedora do Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2011’ e Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Esta moza de 4º de ESO relatou a través do diario de Xiana, unha viaxe real de aldea pola súa vida facendo un acercamento a Balbino, personaxe central do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
Neste concurso, destinado a fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos, participaron todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, ambos inclusive."
A moza verinense Esther Vaz Diéguez, gran colaboradora de esta Biblioteca, resultou vencedora da terceira edición do Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2011’ e Biblioteca Pública Municipal de Verín.

luns, 2 de xaneiro de 2012

"OPERACIÓN QUILO"

O día 21 de decembro recollemos ducias de quilos de alimentos non perecedeiros no centro. Todos os alumnos dirixíronse ao "portal" instalado no patio levando os seus "presentes": azucre, aceite, pasta, lentellas, conservas...Logo alumnos de 4º de ESO e antigos alumnos colocaron e ordenaron os alimentos en caixas e leváronllos a Cáritas Verín para que os poida repartir entre as familias do noso concello que o están pasando mal. Grazas unha vez máis a pais, alumnos e profesores pola vosa colaboración.


sábado, 17 de decembro de 2011

venres, 16 de decembro de 2011

CONTINUAMOS COA RECOLLIDA DE TAPÓNS

Seguimos recollendo tapóns para axudar a Aitana. Moitas grazas por colaborar!

TORNEO SOLIDARIO

O torneo solidario que fixemos no colexio o pasado día 8 de decembro foi todo un éxito. A implicación dos alumnos, dos pais e dos profesores foi moi importante para que todo saíra tan ben.Grazas a todos os que colaborastes! A recadación TOTAL foi de 1802,50€ . Dese diñeiro entregamos 402,50€ para o DOMUND e 1400€ para Cáritas Verín. Con este diñeiro cumprimos o obxectivo proposto de axudar ós que están máis lonxe, pero tamén ós que están máis cerca.

                                                                                         MÁIS FOTOS

luns, 5 de decembro de 2011

CONTACONTOS


A semana do 14 ó 18 de novembro celebrouse a “Semana da Lectura” no noso colexio. Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron diversas actividades como a elaboración dun marcapáxinas e a dramatización de contos. Tamén puideron asistir na aula de psicomotricidade á representación dun contacontos; alí coñeceron a Martiño, un neno coma eles que lles fixo comprender a importancia de coidar os bens naturais.

                                                   Máis fotos.