xoves, 17 de maio de 2012
luns, 30 de abril de 2012
Día do PADRE USERA
O venres 27 de abril celebramos a festa do Padre Usera, o fundador da nosa congregación. Os alumnos de ESO asistimos a una misa en Queizás e logo o tivemos unha mañá chea de actividades no complexo polideportivo da Granxa. Tamén contamos coa colaboración dos bombeiros de Verín que nos realizaron distintas actividades lúdico-formativas moi interesantes.
luns, 26 de marzo de 2012
MÁIS TAPÓNS PARA AITANA!
Volvemos enviar máis tapóns para axudar a Aitana. Desta vez son 350 kg que se engaden ós 150 kg que xa lle mandaramos. MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE ESTADES COLABORANDO CONNOSCO!
sábado, 3 de marzo de 2012
mércores, 25 de xaneiro de 2012
Enviamos os primeiros tapóns!
O día 16 de xaneiro viñéronnos recoller os primeiros sacos con tapóns para axudar a Aitana. Xuntamos aproximadamente uns 150kg. E seguimos recollendo tapóns!!!
mércores, 4 de xaneiro de 2012
PARABÉNS ESTHER!
"Esther Vaz Diéguez, vencedora do Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2011’ e Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Esta moza de 4º de ESO relatou a través do diario de Xiana, unha viaxe real de aldea pola súa vida facendo un acercamento a Balbino, personaxe central do libro Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
Neste concurso, destinado a fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos, participaron todos os/as usuarios/as que o desexen, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, ambos inclusive."
A moza verinense Esther Vaz Diéguez, gran colaboradora de esta Biblioteca, resultou vencedora da terceira edición do Concurso de Narrativa ‘Eurocidade Chaves-Verín 2011’ e Biblioteca Pública Municipal de Verín.
luns, 2 de xaneiro de 2012
"OPERACIÓN QUILO"
O día 21 de decembro recollemos ducias de quilos de alimentos non perecedeiros no centro. Todos os alumnos dirixíronse ao "portal" instalado no patio levando os seus "presentes": azucre, aceite, pasta, lentellas, conservas...Logo alumnos de 4º de ESO e antigos alumnos colocaron e ordenaron os alimentos en caixas e leváronllos a Cáritas Verín para que os poida repartir entre as familias do noso concello que o están pasando mal. Grazas unha vez máis a pais, alumnos e profesores pola vosa colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)