Alba Rodríguez de 4º ESO B gañou o primeiro premio no concurso da Voz de Galicia ó mellor periodista xuvenil cunha entrevista ó deseñador Roberto Verino. Noraboa! Na foto aparece con Chiqui recollendo o premio da man do conselleiro de Educación.
xoves, 7 de xuño de 2012
domingo, 3 de xuño de 2012
ÚLTIMOS TAPÓNS PARA AITANA
O venres día 1 de xuño enviamos os últimos tapóns para axudar a Aitana. Foron aproximadamente 300kg que, unidos ós 500kg que xa mandaramos, fan un total de 800kg. Moitas grazas a todos os que colaborastes facendo que esta acción solidaria fora todo un éxito implicando ás vosas familias e veciños. Pero todo isto non sería posible sen o traballo de Noelia, Fani, Nerea, Aris, Álex, Aldara, Paula, Carina e o resto de compañeiros de 4º A de ESO. Unha vez máis, GRAZAS.
xoves, 17 de maio de 2012
A MEMORIA DOS AVÓS (PREPARATIVOS)
É unha homenaxe ao saber que os nosos devanceiros nos foron transmitindo de xeración en xeración e que non debemos esquecer.
Nesta exposición atoparemos refráns, contos, adiviñas, lendas, coplas...pero tamén os cantos, bágoas, risas, saudades, soidades,... dos nosos queridos avós.
Desexamos que estas lembranzas de antano perduren nas seguintes xeracións.
OS ALUMNOS DO EDL
luns, 30 de abril de 2012
Día do PADRE USERA
O venres 27 de abril celebramos a festa do Padre Usera, o fundador da nosa congregación. Os alumnos de ESO asistimos a una misa en Queizás e logo o tivemos unha mañá chea de actividades no complexo polideportivo da Granxa. Tamén contamos coa colaboración dos bombeiros de Verín que nos realizaron distintas actividades lúdico-formativas moi interesantes.
luns, 26 de marzo de 2012
MÁIS TAPÓNS PARA AITANA!
Volvemos enviar máis tapóns para axudar a Aitana. Desta vez son 350 kg que se engaden ós 150 kg que xa lle mandaramos. MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE ESTADES COLABORANDO CONNOSCO!
sábado, 3 de marzo de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)