xoves, 15 de novembro de 2012
mércores, 31 de outubro de 2012
UNHA NOVA VIAXE PARA AS MOCHILAS VIAXEIRAS
A vindeira semana comezan a súa viaxe dúas novas mochilas viaxeiras. Visitarán ás casas dos nenos de 2º de Educación Primaria dende o "taller de lectura" do profe Ricardo. Nelas atoparemos un tren moi divertido chamado "María Fumaça" coas súas cantigas en varios idiomas; un fermoso conto bilingüe (galego-inglés); aprenderemos cos Bolechas; veremos a Doraemon coas súas aventuras; e aprendermos a cociñar cos nosos pais... Esperamos que as gocedes en familia!
BOA VIAXE, MOCHILAS!
martes, 30 de outubro de 2012
Benvidos á vosa casa!
luns, 29 de outubro de 2012
mércores, 24 de outubro de 2012
XA CHEGA O SAMAÍN...
O MARTES 30 E O MÉRCORES 31 no vestíbulo do colexio haberá unha exposición coas "terroríficas" cabazas que están tallando os nosos alumnos de Infantil e Primaria e dos murais realizados polos alumnos de ESO.
Esta semana retoman a súa andaina (despois do éxito colleitado o curso pasado) polos fogares dos alumnos de 4º de primaria as mochilas viaxeiras. A finalidade principal desta actividade é o fomento da lectura en galego no ámbito familiar, así como a difusión de material audiovisual na nosa lingua. As mochilas conteñen lecturas para os nenos, lecturas para os pais, películas para os nenos e os pais, un CD con contos e un caderno para que as familias poidan facer comentarios, valoracións, suxestións...
venres, 19 de outubro de 2012
OS LIBROS SAEN Ó RECREO
A PARTIRES DO MÉRCORES 17 OUTUBRO
OS LIBROS SAEN Ó RECREO
TODOS OS MÉRCORES ALGÚNS LIBROS DA BIBLIOTECA SAIRÁN Ó PATIO E PODERÁS LEVALOS PRESTADOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








