sábado, 15 de novembro de 2014

O DIARIO DE LOLA LUCECÚ


A PARTIRES DE AGORA PODES SEGUIR A TRAVÉS DO BLOG www.odiariodelolalucecu.blogspot.com AS FAZAÑAS DA ARAÑA MÁIS OBSERVADORA DE TODO O NOSO COLEXIO! ATÓPASE NA CLASE DE 5º A DE PRIMARIA E ESTARÁ CONNOSCO TODAS AS SEMANAS...


xoves, 6 de novembro de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS

Este é Gilber, o neno de Ourense para  quen estamos a recoller tapóns no colexio a través do Banco de Tapóns do Baixo Miño (BANTA) e a zapatería Monterrey. Necesita 3000€ para uns audífonos e para terapias. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración, xa que desde novembro de 2011 levamos axudado a moitos nenos coas máis de dúas toneladas de tapóns recollidos no Centro.

domingo, 26 de outubro de 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS  DO SAMAÍN
MARTES 28        
MÉRCORES 29                       

XOVES 30
No ximnasio do colexio
    (10 minutos antes e despois da hora de entrada e saída dos alumnos)