Jesús, Iria Vieito, Ana Gabriela, Ana, Alexander, Alejandro e Dani visitaron as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria para contarlles ós nenos e nenas quen era Manuel María e lerlles algunhas estrofas representativas da súa literatura (sobre a Terra Chá, sobre Galicia, sobre a lingua e tamén algún anaquiño dun texto narrativo)
sábado, 28 de maio de 2016
LETRAS GALEGAS
Algúns alumnos de 4º ESO, divididos en tres grupos, prepararon unhas dramatizacións baseadas na vida e na obra de Manuel María para logo percorrer as aulas de infantil e primaria contándolles ós nenos e nenas quen era o autor ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A experiencia foi moi positiva, tanto para os alumnos que prepararon as exposicións como para os receptores das mesmas.
Iria Castro, Iria Gómez, Jenny, Andrea, Uxía, Paula e Aarón entraron nas aulas de infantil coa música da "Patrulla canina" para resolver unha misión moi importante: "Quen era Manuel María?"
Despois de interactuar cos nenos chegou "Manuel María" para que todos xuntos cantaran e bailaran cun dos seus poemas "O caracol"
mércores, 25 de maio de 2016
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS
Para celebrar o Día das Letras Galegas decidimos cada nivel escoller e traballar con un dos poemas de Manuel María:
4º EI escolleu o poema "Caracol"; 5º EI, "O meu burriño"; 6º EI, "O sol"; 1º EP, "Señor gato"; 2º EP, "O río"; 3º EP, "O arco da vella"; 4º EP, "O mar"; 5º EP, "O vento"; 6º EP, "A lúa"; 1º ESO, "Conto de medo" e 2º, 3º e 4º de ESO traballamos co poema titulado "A fala".
Cos poemas fixéronse adaptacións musicadas, contos, lecturas dramatizadas, recitados, carteis sobre o tema do poema...
mércores, 18 de maio de 2016
PREMIADOS NOS CERTAMES LITERARIOS DAS LETRAS GALEGAS
Un ano máis, e como vén sendo habitual nos últimos anos, os nosos alumnos acadaron un enorme éxito no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro que organiza o concello de Verín co gallo das Letras Galegas.
Primaria:
- Primeiro premio poesía: Paula Rodríguez e Silvia Calviño co poema titulado "Galiza"
1º/2º ESO:
- Terceiro premio poesía: Carla Vaz Montero
3º/4º ESO:
- Terceiro premio relato: Arancha Merodio
- Segundo premio relato: Esther Santiago
- Segundo premio poesía: Esther Santiago
Parabéns tamén ós finalistas: Alicia, Hugo, Naiara, Nuria, Daniel, Inés, Iria, Lara, Noa e Unai.
domingo, 15 de maio de 2016
VISITA DE ELENA GALLEGO ABAD
O xoves día 12 de
maio contamos no noso colexio coa presenza de Elena Gallego Abad, a autora da
saga literaria con máis éxito entre os mozos galegos na actualidade; a saga de Dragal
Primeiro introduciu
ós nosos alumnos de 3º e 4º de ESO no mundo dos dragóns: “Poucos personaxes de lenda se manteñen vivos na memoria colectiva como
estes seres, que rozan a divindade. En todo o mundo, en todas as épocas,
existen lendas sobre esta figura, destacada nos textos sagrados e na
iconografía universal.”
Logo falounos da
xénese e do futuro da saga Dragal. Un futuro no que prevé varios libros máis,
adaptacións para videoxogos e incluso películas.
Despois de
responder ás múltiples preguntas dos nosos alumnos, encantados coa presenza da
autora, esta aínda tivo uns minutos para asinarlles o libro.
luns, 4 de abril de 2016
domingo, 6 de marzo de 2016
Marilar Aleixandre ocupará na RAG a cadeira de Neira Vilas
«O primeiro relato que escribín, un conto sobre vampiros, foi o xérmolo de Agardando polos morcegos, pero tardei bastante en publicar A formiga coxa». Isto conta na súa autobiografía Marilar Aleixandre(Madrid, 1947) a escritora que ocupará na Real Academia Galega a cadeira do falecido Xosé Neira Vilas. A candidatura da escritora, premio Xerais 2001 por Teoría do Caos, foi aprobada onte no plenario da RAG. Desde a Academia salientan que como bióloga e experta en educación, «Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias: foi coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego e doutros moitos materiais, itinerarios, artigos e ensaios sobre o ensino das ciencias». Na actualidade «a súa liña de investigación é a argumentación, o uso de probas e o pensamento crítico no ensino das ciencias, mediante análise do discurso», din desde a RAG. A escritora tamén contou: «Aprendín a escribir -ademais de lendo- redactando panfletos e artigos para revistas de partidos clandestinos (todos canda eu estudaba)».
A RAG tamén convocou onte a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, falecido o 16 de decembro.
Fonte: "La voz de Galicia" 6 de marzo 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

