OS ALUMNOS DE 3º ESO ELABORAN OS MURAIS SOBRE OS ENTROIDOS OURENSÁNS QUE SE EXPOÑEN NO PATIO DO COLEXIO.
xoves, 7 de marzo de 2019
luns, 18 de febreiro de 2019
CONCURSO LINGUA DE NAMORAR
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
- 1° Tablet SPC Gravity PRO
- 2° Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
- 3° Altofalante portátil DAEWOO
Categoría B (de 20 a 35 anos):
- 1° Ordenador portátil HP
- 2° Sistema de son NEVIR
- 3° Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO
Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns, 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Poderá consultarse aquí o nome das persoas gañadoras, a partir do 18 de marzo.
Entrega de premios
O 28 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2019 no concello de Padrón, A Coruña.
martes, 20 de novembro de 2018
Música Samaín
O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, inmerso no estudo dos clásicos, conseguiu, e de que xeito, adaptar as súas historias do Samaín á música do vello amigo J.S. Bach. Para elo, mesturaron a súa imaxinación coa gran “TOCATA e FUGA en Re menor”.
Velaquí o resultado.
domingo, 28 de outubro de 2018
sábado, 6 de outubro de 2018
A galega Sabela segue en OT tras cantar "Benditas feridas"
A moza sálvase da expulsión con este fermoso tema de Rosa Cedrón.
«A derradeira leición do mestre», de Castelao, xa en Galicia
O 17 de agosto de 1945 presentábase en Bos Aires con motivo do Día dos Mártires Galegos o óleo A derradeira leición do mestre. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a pesar da súa cegueira, recreou nun cadro de grandes dimensións a estampa número 6 do seu álbum Galicia mártir, publicado en Valencia en 1937, no que denunciaba a represión exercida polo bando franquista. Este mércores, despois de 73 anos, era a primeira vez que se vía en Galicia ese lenzo no que dous nenos choran ante o cadáver do seu mestre asasinado. O cadro exhibirase ao público a partir deste venres no Museo Gaiás, como eixe central da mostra Castelao maxistral, que se poderá visitar ata marzo, momento no que A derradeira leición do mestre regresará á Arxentina. A exposición tamén contará con todos os debuxos de Castelao sobre a educación, espazos protagonizados polo ensino, así como pezas que demostran a dimensión internacional que adquiriu esta obra e un apartado dedicado aos mestres represaliados.
domingo, 23 de setembro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

