luns, 6 de maio de 2019

HOMENAXE A D. XESÚS TABOADA CHIVITE

Homenaxe a D. Xesús Taboada Chivite
Durante o segundo trimestre o Equipo de Dinamización Lingüística  e a biblioteca do noso centro (dentro das actividades promovidas a través do PLAMBE) quixeron render homenaxe a un dos personaxes máis relevantes da cultura verinense, pero incomprensiblemente tamén un dos máis descoñecidos entre o alumnado. Con este motivo organizouse una exposición na biblioteca e no segundo andar do centro coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.








Ademais os alumnos de 4º de ESO puideron gozar dunha charla explicativa das exposicións “Cando as cartas eran literatura” e “Na lembranza de D. Xesús”  por parte de D. Vicente Rodríguez Justo e de Dna. Aurora Prieto Tarrío ,director e encargada de préstamo respectivamente, e dous dos principais artífices dos éxitos que a Biblioteca  Municipal está conseguindo a nivel estatal.












“É curioso como ás veces coñecemos máis as persoas célebres alleas á nosa contorna que as que se sitúan máis preto noso, sen decatarnos de que tamén son figuras relevantes da nosa cultura.
Sen dúbida ningunha foi música para os oídos dos alumnos de 4º de ESO coñecer da man de  Vicente e Aurora as crenzas, personalidade, estudos e vivencias; así como as valiosas cartas que escribía e enviaba aos seus achegados , o ilustre verinés D. Xesús Taboada Chivite.”
Lucía Rodríguez (4º ESO)







martes, 9 de abril de 2019

LECTURA DRAMATIZADA 3º ESO


Lectura dramatizada

Dentro da materia de Lingua Galega e Literatura, e en colaboración co programa PLAMBE da biblioteca do centro, os alumnos de 3º de ESO realizaron una actividade de lectura dramatizada.
A lectura dramatizada é una modalidade de lectura oral na que os alumnos deben representar os personaxes por medio da voz. É unha actividade que lles proporciona  moitas vantaxes. Trabállase a dicción, a espontaneidade, a entoación, o medo escénico... Non require a memorización dos textos, porén si é necesario practicar a capacidade expresiva para darlles vida aos personaxes que representan.
A obra escollida para este traballo foi O achado do castro de Manuel Núñez Singala; unha historia de amor, humor, situacións absurdas... e que “engancha” con facilidade ao alumnado.
 
























sábado, 30 de marzo de 2019

CERTAMES LITERARIOS LETRAS GALEGAS

CERTAME DE  RELATO CURTO ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ
Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez.
BASES:
1ª. DOS/DAS CONCURSANTES. Poderán participar alumnos e alumnas matriculados en  Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín. 2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO. O relato será orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego; a extensión non superará 2 DIN A4, escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12,  marxes estándar e un entreliñado de espazo e medio. 3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS, DOS DEREITOS DOS FINALISTAS E DOS PREMIOS 3.1. SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS. A fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 relatos en cada unha das tres categorías. Cada relato irá asinado cun lema e acompañado dun sobre co lema no anverso e coa seguinte información no interior: nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo, do/a autor/a. Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse, impresos, ou entregarase, impresos, na Casa do Concello de Verín, até o día 8 de maio, mércores, incluído. 3.2. FASE DE SELECCIÓN FINAL 3.2.1. DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto, que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. 3.2.2. DAS DECISIÓNS  DO XURADO. As decisión do Xurado serán inapelábeis. 3.2.3. DOS PREMIOS 3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS. Os autores e as autoras dos traballos finalistas recibirán un lote de libros e un diploma,     se participan no acto no que se farán públicos os relatos premiados  . Para que poidan asistir, serán convocados con tempo e forma pola organización. 3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO. En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios con dotación económica: 90 euros     (1º premio)  ,   60  euros   (2º premio) e   30 euros   (3º premio),   un lote de libros e un diploma  ,     se  as persoas premiadas  participan no acto no que se farán públicos. De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto. A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.
A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade entre os centros participantes.

CERTAME DE POESÍA XOSÉ CARLOS CANEIRO PÉREZ
 Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.
BASES: 1ª. DOS/DAS CONCURSANTES. Poderán participar alumnos e alumnas matriculados en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín. 2ª. DAS CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO. O poema será orixinal, inédito, con temática e estilo libre, escrito en galego; e non superará os 24 versos de extensión. 3ª. DA SELECCIÓN DOS TRABALLOS, DOS DEREITOS DOS FINALISTAS E DOS PREMIOS 3.1. SISTEMA DE PRESELECCIÓN NOS CENTROS PARTICIPANTES E PRAZOS. A fase de preselección é a criterio de cada centro participante. Cada centro poderá enviar á fase de selección final un máximo de 3 poemas en cada unha das tres categorías. Cada poema irá asinado cun lema e acompañado dun sobre co lema no anverso e coa seguinte información no interior: nome, apelidos, curso, centro, enderezo e teléfono, de telo, do/a autor/a. Os traballos seleccionados en cada centro enviaranse, impresos, ou entregarase, impresos, na Casa do Concello de Verín, até o día 8 de maio, mércores, incluído. 3.2. FASE DE SELECCIÓN FINAL 3.2.1. DA COMPOSICIÓN DO XURADO CUALIFICADOR. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización. 3.2.2. DAS DECISIÓNS  DO XURADO. As decisión do Xurado serán inapelábeis. 3.2.3. DOS PREMIOS 3.2.3.1. DOS DEREITOS DOS FINALISTAS. Os autores e as autoras dos traballos finalistas recibirán un diploma e un lote de libros,     se participan no acto no que se farán públicos os poemas premiados  . Para que poidan asistir, serán convocados con tempo e forma pola organización. 3.2.3.2. DOS TRABALLOS SELECCIONADOS PARA PREMIOS EN METÁLICO. En cada unha das tres categorías entregaranse os seguintes premios con dotación económica: 90 euros     (1º premio)  ,   60  euros   (2º premio) e   30 euros   (3º premio), diploma e lote de libros,   se as persoas premiadas participan  no acto no que se farán públicos. De estimalo o Xurado, algún poderá quedar deserto. A organización resérvase o dereito de publicar calquera dos traballos que participen na fase de selección final, que pasarán a ser da súa propiedade.
A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade entre os centros participantes.

xoves, 7 de marzo de 2019

ENTROIDOS DA PROVINCIA

OS ALUMNOS DE 3º ESO ELABORAN OS MURAIS SOBRE OS ENTROIDOS OURENSÁNS QUE SE EXPOÑEN NO PATIO DO COLEXIO.









luns, 18 de febreiro de 2019

CONCURSO LINGUA DE NAMORAR

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só tes que premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
 Características das mensaxes
 Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
 Categorías de idade e premios
 Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
 Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • 1° Tablet SPC Gravity PRO
  • 2° Libro electrónico EareaderBQ Cervantes    
  • 3° Altofalante portátil DAEWOO
 Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • 1° Ordenador portátil HP
  • 2° Sistema de son NEVIR    
  • 3° Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO
  Prazos de participación e votación
 O prazo para enviar as mensaxes remata o luns, 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
 Xurado e resolución
 O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Poderá consultarse aquí o nome das persoas gañadoras, a partir do 18 de marzo.
 Entrega de premios
  O 28 de marzo terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2019 no concello de Padrón, A Coruña.
                          MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

martes, 20 de novembro de 2018

Música Samaín

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, inmerso no estudo dos clásicos, conseguiu, e de que xeito, adaptar as súas historias do Samaín á música do vello amigo J.S. Bach. Para elo, mesturaron a súa imaxinación coa gran “TOCATA e FUGA en Re menor”.
Velaquí o resultado.