sábado, 1 de maio de 2021

CONFERENCIA FRANCISCO NARLA

 Unha vez máis o noso centro participou o pasado venres no ciclo de conferencias organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín. Desta volta foi o alumnado de 3º de ESO o que asistiu á interesante e amena conferencia do escritor Francisco Narla titulada "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa" e na que indicou que para escribir unha boa novela o máis importante é crear unha historia que "enganche" ó lector e non tanto ser rigorosos cos feitos históricos. Tamén sinalou que o segredo do "éxito", como en todos os os oficios, é "traballo, traballo, traballo".





Podes volver ver a conferencia aquí.

martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

 RECITADO DO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO 

"Cantarte hei, Galicia"






ALUMNADO 4º ESO B

DÍA DE ROSALÍA 2021

 

Manifesto Día de Rosalía 2021
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua  Galega




Alumnado de 4º ESO A

domingo, 21 de febreiro de 2021

martes, 9 de febreiro de 2021

Traxes, zamarras e pistolas.

  Traxes, zamarras e pistolas... Miguel Losada iniciou o ciclo de conferencias promovidas pola Biblioteca de Verín. O son das súas historias evocou no noso alumnado novas vivencias e abriu recordos gardados que, sen dúbida, espertaron neles o sentimento de pertenza a diferentes culturas que pensaban descoñecer.










domingo, 22 de novembro de 2020

 XA TEMOS OS TRABALLOS GAÑADORES DO CONCURSO SAMAÍN 2020



NOA DIZ  5ºA E. INFANTIL  /   VÍCTOR G. SANTANA 2º B E. PRIMARIA
OLIVIA PRIETO 3º B E. PRIMARIA  / MACARENA PÉREZ  3º B E.PRIMARIA
DIEGO GARCÍA 4º A E. PRIMARIA  / LUCÍA PEDROSA 6ºB E. PRIMARIA
HELENA PÉREZ 6º A E. PRIMARIA / LEYRE ESTEBAN 3º A ESO / SILVIA CALVIÑO 4º B ESO

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO QUE PARTICIPOU NO CONCURSO. TODOS OS TRABALLOS FORMARÁN PARTE DA EXPOSICIÓN QUE REALIZAREMOS NO SAMAÍN 2021