Os alumn@s de 5° e 6° de Primaria fixeron un podcast no que nos contan a orixe do Día das Letras Galegas e fan un breve percorrido pola vida e obra de Xela Arias.
venres, 21 de maio de 2021
luns, 17 de maio de 2021
domingo, 16 de maio de 2021
Coñeces a vida e a obra de Xela?
O ALUMNADO DE 4º ESO PRESÉNTAVOS A XELA ARIAS
venres, 14 de maio de 2021
HOMENAXE HIMNO GALEGO
O alumnado de primaria celebra o Día das Letras Galegas co recitado do poema de Pondal titulado "Os pinos" que logo, coa música de Pascual Veiga, se converteu no noso himno.
xoves, 6 de maio de 2021
MAIOS 2021
Neste ano tan especial a pesares de que as medidas sanitarias nos impediron elaborar un maio artístico colaborativo entre alumnado e profesores, non quixemos faltar á celebración e colocamos na entrada do centro o noso maio 2021.
O noso alumnado de secundaria tamén participou, coma todos os anos, na elaboración das coplas que podedes ler no seguinte enlace:
sábado, 1 de maio de 2021
CONFERENCIA FRANCISCO NARLA
Unha vez máis o noso centro participou o pasado venres no ciclo de conferencias organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín. Desta volta foi o alumnado de 3º de ESO o que asistiu á interesante e amena conferencia do escritor Francisco Narla titulada "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa" e na que indicou que para escribir unha boa novela o máis importante é crear unha historia que "enganche" ó lector e non tanto ser rigorosos cos feitos históricos. Tamén sinalou que o segredo do "éxito", como en todos os os oficios, é "traballo, traballo, traballo".





