mércores, 21 de decembro de 2011
sábado, 17 de decembro de 2011
venres, 16 de decembro de 2011
TORNEO SOLIDARIO
O torneo solidario que fixemos no colexio o pasado día 8 de decembro foi todo un éxito. A implicación dos alumnos, dos pais e dos profesores foi moi importante para que todo saíra tan ben.Grazas a todos os que colaborastes! A recadación TOTAL foi de 1802,50€ . Dese diñeiro entregamos 402,50€ para o DOMUND e 1400€ para Cáritas Verín. Con este diñeiro cumprimos o obxectivo proposto de axudar ós que están máis lonxe, pero tamén ós que están máis cerca.
luns, 5 de decembro de 2011
CONTACONTOS
A semana do 14 ó 18 de novembro celebrouse a “Semana da Lectura” no noso colexio. Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron diversas actividades como a elaboración dun marcapáxinas e a dramatización de contos. Tamén puideron asistir na aula de psicomotricidade á representación dun contacontos; alí coñeceron a Martiño, un neno coma eles que lles fixo comprender a importancia de coidar os bens naturais.
mércores, 30 de novembro de 2011
MAGOSTO INFANTIL
O pasado venres 18 de novembro os alumnos e alumnas de educación infantil celebramos a festa do ¨magosto¨ na Veiga de Tintores.
Alí gozamos do contorno paseando polo campo, recollendo leña, facendo lume e, sobre todo, saboreando un bo xantar acompañado dunhas deliciosas castañas asadas.
xoves, 24 de novembro de 2011
EXPOSICIÓN DE FOTORAFÍA DE LEE MILLER
Os alumnos de 4º de ESO tamén viaxaron a Vigo o día 21 de novembro para ver unha exposición fotográfica da extraordinaria e polifacética Lee Miller. Nela recollíanse traballos desde os seus comezos como modelo, pasando polas diferentes fases como fotógrafa: surrealista, de moda e, máis tarde ,como reporteira de guerra. A súa obra reflexa a orixinalidade e a liberdade dunha muller que fixo en cada momento o que lle gustaba facer.
"Nun día no que a choiva foi a nosa principal acompañante, os alumnos de 4º de ESO visitamos en Vigo a exposición de Lee Miller, na cal, a través das súas fotografías, fixemos un percorrido curto, pero intenso, pola vida da artista"
Esther (4º ESO B)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



