domingo, 23 de setembro de 2012
sábado, 22 de setembro de 2012
Twitter FALARÁ GALEGO
Twitter comezará por fin a falar galego. A rede social anunciou, a través do perfil oficial do seu tradutor, que incorporará dezaseis novas linguas ao seus sistema, entre as que se atopa o galego.
Hai uns días, a etiqueta #férvemeosangue converteuse nun dos temas máis comentados do momento (trending topics), apoios que se sumaron a unha intensa campaña posta en marcha polo usuario @tweet_en_galego para que a rede do paxariño non se esquecese da lingua de Galicia. Parece que Twitter, despois de incluír o eúscaro e o catalán, decidiu escoitar as peticións dos usuarios e darlle a quenda á versión do seu servizo en galego.
O tradutor da rede social pediu axuda, a través do seu blog oficial, a todos aqueles dispostos a colaborar no seu servizo, que deberán inscribirse no Centro de Tradución para axudar na nova versión galega de Twitter. Os interesados deberán entrar na web de inicio do tradutor dende a súa conta de Twitter e escoller o galego como lingua. Ademais do galego, Twitter incorporou outras linguas como o irlandés, o serbio ou o romanés.
A mediados de xuño, miles de usuarios demandaron poderen empregar a ferramenta no idioma de Galicia. A través da etiqueta #TwitterQuereGalego esixiron que se fixera caso do que consideran «unha necesidade e un dereito».
domingo, 16 de setembro de 2012
É o teu camiño, é a túa vida...Ponte en marcha!
Benvidos de novo ó curso 2012-2013!
Para este curso o lema da nosa axenda é:
"É o teu camiño, é a túa vida. Ponte en marcha!
e o noso obxectivo principal:
"Descubrir e valorar o tempo pasado, vivir con reponsabilidade o presente para construír o futuro"
sábado, 1 de setembro de 2012
mércores, 29 de agosto de 2012
Benvidos!
Benvidos de novo ó Blog do EDL do Colexio María Inmaculada. Volvemos con algunhas novidades. Seguides tendo un enlace titulado "Traballos dos alumnos". Alí poderedes atopar fotos e traballos realizados por alumnos de ESO nas distintas materias. Ademais tamén publicaremos informacións, fotos e traballos realizados por antigos alumnos. Tamén haberá outro enlace titulado "Galego ESO". Nel poderedes atopar toda a información relacionada coa materia de lingua e literatura galega de 3º e 4º de ESO (libros de lectura obrigatorios, traballos e datas de entrega, descarga de exercicios, etc...). Por último AQUÍ vos lembro as datas das probas de setembro.
xoves, 7 de xuño de 2012
ALBA RODRÍGUEZ (4º ESO B) MELLOR XORNALISTA XUVENIL 2012
Alba Rodríguez de 4º ESO B gañou o primeiro premio no concurso da Voz de Galicia ó mellor periodista xuvenil cunha entrevista ó deseñador Roberto Verino. Noraboa! Na foto aparece con Chiqui recollendo o premio da man do conselleiro de Educación.
domingo, 3 de xuño de 2012
ÚLTIMOS TAPÓNS PARA AITANA
O venres día 1 de xuño enviamos os últimos tapóns para axudar a Aitana. Foron aproximadamente 300kg que, unidos ós 500kg que xa mandaramos, fan un total de 800kg. Moitas grazas a todos os que colaborastes facendo que esta acción solidaria fora todo un éxito implicando ás vosas familias e veciños. Pero todo isto non sería posible sen o traballo de Noelia, Fani, Nerea, Aris, Álex, Aldara, Paula, Carina e o resto de compañeiros de 4º A de ESO. Unha vez máis, GRAZAS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

