martes, 12 de xaneiro de 2016

As 100 palabras en galego para designar a choiva

Por Eduardo Rolland 04/01/2016 / GALICIENCIA

O galego ten moitas palabras para designar a choiva... ou a chuvia.

Existe a crenza de que os esquimós inuit teñen centos de palabras distintas para designar a neve. Pero é falso. A falacia foi propalada polo antropólogo estadounidense Franz Boas en 1911. En realidade, as linguas inuit son polisintéticas, co que crean longas palabras que funcionan como frases completas. E por iso só teñen dúas raíces léxicas ou ‘palabras’ para a neve: ‘ganik’, para os copos no aire; e ‘aput’, para a que se acumula no chan. Que logo, cando se escoitan, parezan longas palabras só responde a que lle suman afijos que en galego serían adxectivos ou preposicións como ‘branca neve’, ‘neve a derreter’ ou ‘neve en po’.

O paraugas para a chuvia.
O paraugas para a chuvia.
Así que non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos teñen máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.
Hai xa algúns anos, a catedrática de Filoloxía da Universidade de Santiago Elvira Fidalgo identificou as palabras para a choiva en Galicia, tras enquisas en máis dun cento de parroquias e localidades das catro provincias galegas, Asturias, León e Zamora. “É lóxico que unha poboación que vive inmersa na choiva busque mil conceptos sacados das imaxes máis variadas para nomear aquilo que está presente na súa vida, e din que tamén no seu espírito”, reflectiu no seu estudo Elvira Fidalgo.
Termos gregos como ‘boreas’ ou do latín, como ‘pulvis’, están na orixe destas palabras
Para denominar a choiva de pouca intensidade, o orballo, en Galicia poden utilizarse os termos orballo, orballeira, orballada; chuvisco, chuviscada, chuviña, relacionadas co latín ‘pluvia’. Pero tamén babuxa, babuxada, barruxeira, barruxada, barruceira, que estarían relacionadas co termo grego “Boreas”, vento do norte, e que traería a auga; outras como poalla, poalleira, poallada están creadas sobre o latín “pulvis”, que evolucionou en latín vulgar ata dar “po” en galego, e que está na base desas palabras ao comparar a choiva de pingas moi finas coas partículas de po en suspensión.
Para a denominación de choiva forte, ademais dos mencionados, o galego emprega sobre todo os derivados do latín “turbo”, que ndicaba calquera tipo de obxecto impulsado cun movemento circular. E será esta idea a que se asocie á choiva para crear palabras como trebón, torbón, treboada, torboada. Termos como borrascada foron creados sobre o mesmo “boreas”, ao que se lle engadiu un sufixo intensificador.
E en contra do que moitos pensan, unha ‘chuvieira’ non é unha choiva feble, senón que se aplica cando chove con forza, aínda que por pouco tempo.
Ás palabras propias para a choiva en galego, hai que engadir as expresións formadas con máis un elemento que indica gran cantidade, por exemplo “chover a caldeiros”, “chover a ballón”, “caer (a auga) a barullo”, “a cichón”, “a choupón”.

Aquí tes 61 palabras para dicir choiva en galego

Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a choiva. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:
Para chuvia febleBabuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
Para chuvia forteArroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
Cando hai raios e tronosTreboada, Torboada, Torbón, Trebón…
Se vén con neve e xeoAuganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
Cando remata de choverAmizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

domingo, 6 de decembro de 2015

MEMORIA DO NADAL NO VESTÍBULO DO COLEXIO

Memoria do Nadal é unha recompilación de panxoliñas e aguinaldos recollidos polos nosos alumnos que pretende pór en valor a literatura popular herdada dos nosos devanceiros.

PÓDENSE LER ALGUNHAS PANXOLIÑAS DO TRABALLO AQUÍ

Recollemos varias versións das mesmas panxoliñas e aguinaldos, xa que ó tratarse de literatura de transmisión oral a variabilidade é unha das súas características. Tamén coidamos conveniente manter o vocabulario empregado polo informante e non corriximos castelanismos, dialectalismos, vulgarimos ou hiperenxebrismos.

sábado, 28 de novembro de 2015

EU SON... BALBINO

"Eu son ...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai que lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

Así comeza a obra máis universal da literatura galega, taducida a ducias de idiomas e con case  700.000 exemplares editados. Cando a Neira Vilas lle preguntaban o porqué deste éxito el adoitaba dicir que en todo o mundo sempre había nenos que se sentían identificados con Balbino. 



Con 87 anos de idade, falecía Neiras Vilas na súa aldea natal de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra). Pero a súa amplísima obra seguirá viva e seu Balbino ( e Manolito, e a tía Carme, e o tío Braulio, e Miguel, e a súa mestra Eladia...)  perdurará na memoria de moitas xeracións de galegos. E haberá novos lectores que descubrirán a un personaxe preguntón e incorformista que lles falará do amor, da hipocresía, das inxustizas, da amizade... 


luns, 23 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS 2015/16

Comezaron de novo a súa andaina as "mochilas viaxeiras" polos fogares das nosas alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º de EP. Están cheas de historias, de xogos, de música e de cine para compartir, gozar e aprender en familia.



Todas inclúen un caderno no que os alumnos e os pais poden deixar a súa opinión sobre esta actividade e o material; debuxar, pegar fotografías...




sábado, 31 de outubro de 2015

ENTREGA DE PREMIOS ÓS GAÑADORES


 OS AGASALLOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA OS GAÑADORES



A NOSA DIRECTORA GERARDA FÍXOLLES ENTREGA DOS AGASALLOS Ó TITOR E OS ALUMNOS DE 4º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA






 OS ALUMNOS DE 4º EP CO SEU TITOR RICARDO E CON MANOLO (COORDINADOR DO EDL DO CENTRO)


OS ALUMNOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN COS SEUS AGASALLLOS E COA DIRECTORA DO CENTRO


OS GAÑADORES: PABLO PAZOS, MARTÍN MONTESINOS,CARLOS DIMITRI RAMOS (MÁIS TRABALLADA); XAVIER ESTÉVEZ (MÁIS DIVERTIDA); BORJA PÉREZ, HUGO RODRÍGUEZ, XACOBE VELOSO (QUE DÁ MÁIS MEDO)

AS CABAZAS GAÑADORAS DO II CONCURSO DO SAMAÍN


 De esquerda a dereita: A cabaza de aula gañadora (4º B EP); A que dá máis medo; A máis divertida


A máis traballada