Noelia Gallego (4º ESOB)
domingo, 25 de febreiro de 2018
VISITA DE LEDICIA COSTAS
xoves, 22 de febreiro de 2018
CONCURSO EDITORIAL GALAXIA
A Editorial Galaxia lanza o seu segundo Reto Lector para fomentar a lectura en galego entre os adolescentes
Enviando dous vídeos nos que comenten obras da editorial as mozas e mozos poden gañar un Ipad de última xeración
A Editorial Galaxia lanza estes días a segunda edición do seu Reto Lector destinado a fomentar a lectura entre os máis novos. Despois do éxito da primeira convocatoria en marzo de 2017, na que con apenas dous meses de prazo para participar se recibiron 35 vídeos enviados por rapazas e rapaces de toda Galicia, Galaxia persiste no seu empeño en conseguir que a mocidade se achegue ao sistema literario integrándose nel como críticos, lectores...
Nesta segunda edición, poderán presentarse ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos. Para participar, só terán que enviar ao enderezo electrónicogalaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se dea conta da lectura de dous libros da Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria. Os vídeos non poderán exceder os dous minutos de duración.
Durante eses dous minutos, os participantes deben comentar o contido da obra, os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura. O xurado estará composto polo alumnado da ESO dun centro galego designado pola editorial, e será quen valore todas as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.
A rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados. O prazo de entrega dos vídeos estará aberto ata o día 27 de abril, e o fallo do xurado farase público no mes de maio.
A través desta iniciativa, a Editorial Galaxia pretende fomentar a lectura en galego nun sector clave da nosa sociedade: os adolescentes. Para facelo, proponlles aos participantes que tiren rendemento das ferramentas dixitais e do seu potencial como medios de transmisión e difusión lingüística e cultural, ao tempo que os anima a desenvolver o seu sentido crítico, mellorar a súa competencia oral e aprender a ver na literatura unha canle comunicativa.
Nesta segunda edición, poderán presentarse ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos. Para participar, só terán que enviar ao enderezo electrónicogalaxia@editorialgalaxia.gal dous vídeos nos que se dea conta da lectura de dous libros da Editorial Galaxia de calquera das súas coleccións de narrativa para todas as idades: Árbore, Costa Oeste e Literaria. Os vídeos non poderán exceder os dous minutos de duración.
Durante eses dous minutos, os participantes deben comentar o contido da obra, os aspectos que máis lles gustaron e as razóns polas que recomendarían a súa lectura. O xurado estará composto polo alumnado da ESO dun centro galego designado pola editorial, e será quen valore todas as propostas fixándose principalmente no poder de persuasión dos participantes, na súa claridade expositiva e na creatividade da gravación.
A rapaza ou rapaz gañador recibirá un Ipad de última xeración. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades da Editorial para os cinco seguintes clasificados. O prazo de entrega dos vídeos estará aberto ata o día 27 de abril, e o fallo do xurado farase público no mes de maio.
A través desta iniciativa, a Editorial Galaxia pretende fomentar a lectura en galego nun sector clave da nosa sociedade: os adolescentes. Para facelo, proponlles aos participantes que tiren rendemento das ferramentas dixitais e do seu potencial como medios de transmisión e difusión lingüística e cultural, ao tempo que os anima a desenvolver o seu sentido crítico, mellorar a súa competencia oral e aprender a ver na literatura unha canle comunicativa.
Materiais para descarga: Bases
Agradeceríamos a súa difusión. Se necesitades máis información non dubidedes en contactar.
xoves, 15 de febreiro de 2018
"A derradeira lección do mestre" verase en Galicia por primeira vez
A derradeira lección do mestre, un dos cadros máis simbólicos de Castelao, viaxará por primeira vez a Galicia. O óleo, que na actualidade se atopa no Centro Galicia de Bos Aires, formará parte dunha mostra sobre o artista e intelectual galeguista que se celebrará no Museo Centro Gaiás no último trimestre deste ano. Segundo anunciou onte a Xunta, a Consellería de Cultura chegou a un acordo para que A derradeira lección do mestre, que nunca saíu da Arxentina, poida exhibirse en Galicia. Esta cesión materializarase nun convenio que está previsto que sexa asinado neste mes de febreiro. Entrementres, xa se traballa na concreción das condicións técnicas do préstamo, para garantir a seguridade e profesionalidade do difícil traslado dunha obra destas características.
Castelao pintou este cadro no ano 1945 na Arxentina, onde se exiliara definitivamente despois da Guerra Civil. A sublevación de 1936 colleuno en Madrid, onde traballou para o goberno da República, tarefa que desempeñaría ao ano seguinte en Valencia. Foi aquí onde debuxou os dous primeiros álbums da guerra, Atila en Galicia e Galicia mártir. A este último pertence a estampa A derradeira lección do mestre, que máis tarde recrearía en óleo en Bos Aires. Castelao inspírase nun motivo clásico da historia da pintura, a do lamento ante o corpo de Cristo, transformado aquí no mestre asasinado e convertido en mártir polo bando fascista; no seu caso, son dous rapaciños os que amosan a súa dor ante o cadáver de quen foi o seu mestre.
La voz de Galicia
domingo, 28 de xaneiro de 2018
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
"APERTAS QUE VOAN"
Mans brancas e cara negra,
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
ai, teño sentimentos vellos.
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
ai, teño sentimentos vellos.
Mans negras e cara branca,
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos,
de apertas que voan no vento.
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos,
de apertas que voan no vento.
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo,
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez. (Retrouso)
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga,
distinta e igual á vez. (Retrouso)
Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
sempre me poño a pensar
en deixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.
Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.
(Retrouso)
Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.
Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.
(Retrouso) (3 veces)
sábado, 30 de decembro de 2017
"AFOUTEZA", A PALABRA DO ANO
Afouteza é a Palabra do Ano 2017
Cun 48 por cento dos votos, afouteza é a Palabra do Ano 2017. Votaron por ela 3.004 persoas das 6.228 que participaron na elección. Independencia foi a seguinte en número de votos con 939 e sapoconcho a terceira con 830. Eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina completan, por esta orde, a táboa de posicións final.
O éxito de afouteza cociñouse ao longo de todo o ano 2017, xa que durante varios meses liderou a listaxe de palabras máis buscadas no Dicionario semana tras semana. Os medios de comunicación recolleron este dato, dando conta de que este interese por unha voz non moi frecuente na fala coloquial era debido á campaña do Celta de Vigo “Ensinémoslle ao mundo o significado da afouteza”, baseado nun verso do propio himno do club. A motivación dos e das seareiras pesou sen dúbida para que gañase a Palabra do Ano, pero entre os miles de votos que recibiu, non poucos se deberon ao poder semántico e á forma suxestiva desta palabra, cun contido e unhas implicacións que van máis alá do futbolístico.
Afouteza vén definida no Dicionario en dúas acepcións: pode referirse á disposición de quen actúa sen temor ás dificultades ou perigos ou á seguridade en si mesma que demostra unha persoa. Os dous significados están moi vinculados, é evidente, pero conservan un valor semántico específico e esta é a razón pola que se propoñen para cada un deles voces diferentes como sinónimos; para a ‘disposición do ánimo’, poden ser equivalentes animosidade, audacia, denodo, ousadía e valor. Para a segunda acepción, a do ‘carácter firme e seguro’, os que se propoñen como termos relacionados, non estritamente sinónimos, son decisión e enerxía.
A orixe de afouteza atópase nun verbo latino, favere, que tiña por significado ‘favorecer’ ou ‘protexer’, e que os romanos usaban en principio no ámbito relixioso, para se referiren aos favores e á benevolencia dos deuses cos mortais. De favere e do seu supino fautumchegouse en romance a fouto e fouta, as formas primitivas do adxectivo. Logo na fala engadiuse unha vogal inicial de reforzo, e de aí afouto e afouta, é dicir, a persoa que “ten ou amosa afouteza”. Completan a familia léxica o adverbio afoutamente e mais o verbo afoutar(que pode ser tamén pronominal, afoutarse), cando lle damos ánimos ou valor a alguén, para realizar algo ou encetar unha empresa.
Afouteza está na lingua practicamente desde os inicios, como indica a súa presenza en documentos do século XIV. A primeira recollida lexicográfica fíxoa Juan Sobreira a fins do XVIII, na súa colección de termos. Di o padre Sobreira que “afouta” é a “persoa dilixente e activa nun traballo, manifestándose confiada no logro” e insiste “o que non desmaia, ou non manifesta desconfianza no que emprende” (adaptación da definición orixinal do frade bieito Sobreira, na súa colección lexicográfica de 1787-1805). Desde esa primeira notación, a palabra afouteza (ou no seu caso o adxectivo afouto-a) estivo presente sen interrupción nos dicionarios e glosarios históricos, incluíndo a primeira entrega do Dicionario da Academia(1913-1928), onde figuran asemade as variantes afoto –a e afoutado –a.
Mais a afouteza non é só unha palabra de dicionarios e dicionaristas, xa que aparece con certa regularidade en textos literarios e particularmente nos medios de comunicación, desde O Tío Marcos da Portela, pasando por A Monteira, a revista Nós e A Nosa Terra do comezo do XX entre outras. Neste espazo comunicativo, volve brillar nesta segunda decena do século XXI.
2017 foi o ano en que afouteza conquistou unha vida nova: saltou do campo de fútbol á rúa, da rúa aos medios e tamén se introduciu en textos de diferente tipo, espertando a curiosidade de quen non a coñecía e pasou a incorporala ao seu tesouro léxico persoal. A palabra, cun sólido fundamento histórico, foi nestes últimos meses gañando posicións no espazo da fala e o léxico vivo. O mellor resultado posible: un partido en que gaña a lingua!
domingo, 17 de decembro de 2017
venres, 3 de novembro de 2017
PREMIADOS IV CONCURSO CABAZAS DO SAMAÍN
PREMIADOS NO CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN
RODRIGO (6º EI)
EVA (3º EP)
ADRIÁN (6ºEP)
SILVIA(ESO)
MOITAS GRAZAS A TODOS OS ALUMNOS QUE PARTICIPASTES MASIVAMENTE NO IV CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








