martes, 20 de novembro de 2018

Música Samaín

O alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, inmerso no estudo dos clásicos, conseguiu, e de que xeito, adaptar as súas historias do Samaín á música do vello amigo J.S. Bach. Para elo, mesturaron a súa imaxinación coa gran “TOCATA e FUGA en Re menor”.
Velaquí o resultado.

sábado, 6 de outubro de 2018

A galega Sabela segue en OT tras cantar "Benditas feridas"

A moza sálvase da expulsión con este fermoso  tema de Rosa Cedrón.



«A derradeira leición do mestre», de Castelao, xa en Galicia

O 17 de agosto de 1945 presentábase en Bos Aires con motivo do Día dos Mártires Galegos o óleo A derradeira leición do mestre. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a pesar da súa cegueira, recreou nun cadro de grandes dimensións a estampa número 6 do seu álbum Galicia mártir, publicado en Valencia en 1937, no que denunciaba a represión exercida polo bando franquista. Este mércores, despois de 73 anos, era a primeira vez que se vía en Galicia ese lenzo no que dous nenos choran ante o cadáver do seu mestre asasinado

O cadro exhibirase ao público a partir deste venres no Museo Gaiás, como eixe central da mostra Castelao maxistral, que se poderá visitar ata marzo, momento no que A derradeira leición do mestre regresará á Arxentina. A exposición tamén contará con todos os debuxos de Castelao sobre a educación, espazos protagonizados polo ensino, así como pezas que demostran a dimensión internacional que adquiriu esta obra e un apartado dedicado aos mestres represaliados.