xoves, 7 de xuño de 2012

ALBA RODRÍGUEZ (4º ESO B) MELLOR XORNALISTA XUVENIL 2012

 



Alba Rodríguez de 4º ESO B gañou o primeiro premio no concurso da Voz de Galicia ó mellor periodista xuvenil cunha entrevista ó deseñador Roberto Verino. Noraboa! Na foto aparece con Chiqui recollendo o premio da man do conselleiro de Educación.

domingo, 3 de xuño de 2012

ÚLTIMOS TAPÓNS PARA AITANA

O venres día 1 de xuño enviamos os últimos tapóns para axudar a Aitana. Foron aproximadamente 300kg que, unidos ós 500kg que xa mandaramos, fan un total de 800kg. Moitas grazas a todos os que colaborastes facendo que esta acción solidaria fora todo un éxito implicando ás vosas familias e veciños. Pero todo isto non sería posible sen o traballo de Noelia, Fani, Nerea, Aris, Álex, Aldara, Paula, Carina e o resto de compañeiros de 4º A de ESO. Unha vez máis, GRAZAS.