xoves, 17 de xaneiro de 2013

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Continuamos recollendo tapóns para axudar a:
UXÍA López é unha nena de Lugo que cumpriu 11 meses o día 7 de xaneiro. Naceu con adquiria do membro superior esquerdo, é dicir, un muñón con ausencia de man. Máis información en 
E co Banco de Tapóns do Baixo Miño
Máis información en

martes, 1 de xaneiro de 2013

UNHA BOA IDEA PARA REIS

Un novo xoguete busca apoiar a transmisión lingüística en galego e facilitar a aprendizaxe en inglés.


 

Chámase "A cidade de Cenorio", está impulsado pola empresa galega Galileo Nenos e está dirixido a nenos de entre  3 e 6 anos. A través do galego, o máis pequenos poderán achegarse á aprendizaxe do inglés mediante distintos xogos.