mércores, 27 de novembro de 2013

A BOLSIÑA DAS LETRAS

ESTE XOVES COMEZAN A SÚA ANDAINA AS "BOLSIÑAS DAS LETRAS". VISITARÁN AS CASAS DOS ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA. VAN CARGADAS DE HISTORIAS, XOGOS E ILUSIÓN. QUE AS GOCEDES EN FAMILIA!

mércores, 20 de novembro de 2013

CONCURSO DEBUXA O TEU COLEXIO

"Debuxa o teu cole" é un concurso de debuxo para os alumnos de infantil e primaria. Os nenos terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio.Con esta iniciativa quérese resaltar o papel que xoga o colexio e os valores relacionados co contorno escolar na vida dos nenos galegos.
BASES

domingo, 17 de novembro de 2013

NOVOS LIBROS PARA VIAXAR

MOI PRONTO ESTES DOUS LIBROS COMEZARÁN A SÚA VIAXE POLAS CASAS DOS ALUMNOS DE 3º DE PRIMARIA

Que lle acontece á avoa? / What's wrong with gradma?
Libro bilingüe onde resalta, dunha forma divertida, a relación entre unha avoa con Alzheimer e a súa neta.

"Non sabe como era o avó, nin a súa aldea. Cando lle pregunto, a avoa ri e di coas mans na cabeza: - Esta historia tampouco a calcetei!"

O meu pequeno animalario: Mares, ríos e lagos
O meu pequeno animalario: A montaña e o bosque

Son obras interactivas e divertidas para comprender a vida dos animais. Trae xogos pedagóxicos para facer en familia. 


MAGOSTO INFANTIL E PRIMARIA