mércores, 17 de decembro de 2014

MEMORIA DO NADAL

Memoria do Nadal é unha recompilación de panxoliñas e aguinaldos recollidos polos nosos alumnos que pretende pór en valor a literatura popular herdada dos nosos devanceiros.

PÓDENSE LER ALGUNHAS PANXOLIÑAS DO TRABALLO AQUÍ

Recollemos varias versións das mesmas panxoliñas e aguinaldos, xa que ó tratarse de literatura de transmisión oral a variabilidade é unha das súas características. Tamén coidamos conveniente manter o vocabulario empregado polo informante e non corriximos castelanismos, dialectalismos, vulgarimos ou hiperenxebrismos.

luns, 15 de decembro de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS

ESTES SON OS PRIMEIROS TAPÓNS ENVIADOS PARA A ASOCIACIÓN BANTA A TRAVÉS DA ZAPATERÍA MONTERREY.
COMA SEMPRE,
MOITAS GRAZAS A TODA A FAMILIA "AMOR DE DEUS" DE VERÍN POLA SÚA COLABORACIÓN.

GRACIÑAS, TAMÉN, ÓS ALUMNOS DE 4º DE ESO QUE ADICAN O TEMPO DO SEU RECREO A ESTA CAUSA SOLIDARIA.

Por que salvar unha lingua

Por que salvar unha lingua

domingo, 7 de decembro de 2014

PARABÉNS ÓS GAÑADORES DO CONCURSO DA CONSTITUCIÓN!

FRAN, JIMENA, NATALIA E BRAIS EN OURENSE NO ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS
OS GAÑADORES CON CHIQUI
COS TRABALLOS PREMIADOS

sábado, 15 de novembro de 2014

O DIARIO DE LOLA LUCECÚ


A PARTIRES DE AGORA PODES SEGUIR A TRAVÉS DO BLOG www.odiariodelolalucecu.blogspot.com AS FAZAÑAS DA ARAÑA MÁIS OBSERVADORA DE TODO O NOSO COLEXIO! ATÓPASE NA CLASE DE 5º A DE PRIMARIA E ESTARÁ CONNOSCO TODAS AS SEMANAS...


xoves, 6 de novembro de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS

Este é Gilber, o neno de Ourense para  quen estamos a recoller tapóns no colexio a través do Banco de Tapóns do Baixo Miño (BANTA) e a zapatería Monterrey. Necesita 3000€ para uns audífonos e para terapias. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración, xa que desde novembro de 2011 levamos axudado a moitos nenos coas máis de dúas toneladas de tapóns recollidos no Centro.