sábado, 15 de novembro de 2014

O DIARIO DE LOLA LUCECÚ


A PARTIRES DE AGORA PODES SEGUIR A TRAVÉS DO BLOG www.odiariodelolalucecu.blogspot.com AS FAZAÑAS DA ARAÑA MÁIS OBSERVADORA DE TODO O NOSO COLEXIO! ATÓPASE NA CLASE DE 5º A DE PRIMARIA E ESTARÁ CONNOSCO TODAS AS SEMANAS...


xoves, 6 de novembro de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS

Este é Gilber, o neno de Ourense para  quen estamos a recoller tapóns no colexio a través do Banco de Tapóns do Baixo Miño (BANTA) e a zapatería Monterrey. Necesita 3000€ para uns audífonos e para terapias. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración, xa que desde novembro de 2011 levamos axudado a moitos nenos coas máis de dúas toneladas de tapóns recollidos no Centro.