sábado, 22 de febreiro de 2014

XA CHEGA O ENTROIDO!




ALGÚNS COMENTARIOS SOBRE A ACTUACIÓN DE RAQUEL QUEIZÁS

"Encantoume, penso que estas actividades favorecen e dinamizan a lingua galega, tanto na escrita como na fala. Conseguiu captar toda a nosa atención de forma lúdica e divertida"     Elena

"Grandiosa actividade educativa cun aporte cultural sobre a literatura de misterio. Boa actuación e orixinalidade"                         Natalia

"A intriga, o medo, a sorpresa e mais a diversión son uns dos  sentimentos que florecen con esta fermosa representación literaria"                        Javier González

"Pareceume a mellor forma de achegar a literatura ós mozos, cunha actividade sinxela pero moi entretida capaz de captar a nosa atención dende o primeiro momento"       Sara

"Estivo moi ben. Rimos, algúns choraron coa risa... debería haber máis actividades coma esta. Xenial, foi xenial!; da forma que Raquel contaba todo, esas historias e como as contaba! Rimos e pasámolo coma nunca"                     Carmen Gallego

"A min encantoume. Pareceume unha actividade perfecta para a idade na que estamos xa que nos introduce no mundo da literatura e incítanos a ler máis. Á parte Raquel fixo un traballo fantástico!"   José García

"A actividade foi amena e divertida, axudou ó desenvolvemento dos nosos dotes creativos no ámbito literario e sacounos por un intre da rutina das clases"             Lúa María Núñez

"Pareceume bastante interesante xa que poucas veces lles adicamos tempo aos libros e esta foi unha oportunidade para achegarnos á lectura"                           Adrián Bolaño

"Gustoume moito porque foi unha maneira de aprender divertida e dinámica, e que me achegou máis interese pola literatura"                         Violeta

RAQUEL QUEIZÁS NO NOSO COLE!

O día 17 de febreiro tivemos a sorte de contar no noso cole coa actuación da actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS.Foi unha tarde moi especial para os alumnos de 1º ciclo de primaria e 3º de ESO. Tamén para Raquel, xa que foi antiga alumna do noso centro.











XEXÚN VOLUNTARIO 2014