xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL

Dende a Dirección, o persoal de Servizos e o Claustro de Profesores/as deséxanvos un Bo Nadal e próspero Ano Novo.

“Que o Nadal nos encha de inspiración duradeira para alcanzar todos os nosos proxectos e sentirnos realizados”.

sábado, 29 de outubro de 2016

PARABÉNS A TODOS OS GAÑADORES

DESDE O EDL DO COLEXIO QUEREMOS DARVOS AS GRAZAS ÓS ALUMNOS E ÁS FAMILIAS QUE COLABORASTES UN ANO MÁIS NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN. FOI MOI COMPLICADO PARA O XURADO ELIXIR AS CABAZAS GAÑADORAS. 


A NOSA DIRECTORA GERARDA ENTREGÁNDOLLES OS AGASALLOS ÓS GAÑADORES: ADRIANA E MARÍA ELENA (2º ESO B); EREA, VANESA, ADRIANA (1º ESO B); BORJA, HUGO, XACOBE (1º ESO B)



OS ALUMNOS DE 4º A DE EP E O SEU TITOR RICARDO TAMÉN RECIBIRON AGASALLOS.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS


MÁIS DIVERTIDA: MARÍA ELENA E ADRIANA 2º B ESO


MÁIS TRABALLADA: EREA, VANESA E ADRIANA 1º B ESO


QUE DÁ MÁIS MEDO: BORJA, HUGO E XACOBE  1º B ESO

MELLOR CABAZA DE AULA: 4º A E. PRIMARIA

EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN 2016


PODEDES VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS PICANDO AQUÍ

sábado, 28 de maio de 2016

TRABALLOS CONCURSO "EN GALEGO..."









GAÑADORES DO II CONCURSO "EN GALEGO..."

Este ano estivo moi difícil para o xurado (composto polos alumnos e profesores membros do EDL) elixir os vencedores do II concurso de cartel e lema "En Galego...". A calidade dos traballos realizados polos alumnos era moi alta como podedes ver na exposición de todos eles que se atopa no patio cuberto do noso centro.
Os gañadores son:
4º A Infantil




1º CICLO PRIMARIA:
Carmen Page. 2º B
2º CICLO PRIMARIA:
Rodrigo González. 4ºB

2º CICLO PRIMARIA: 
Sofía Rodríguez. 6º B

  


1º CICLO ESO:
Sofía Morillo. 2º ESO B
2º CICLO ESO:
Andrea Pereira. 4º ESO B

Andrea e Sofía recibindo os agasallos de man de Nadia e Samuel.

LETRAS GALEGAS III


A 4º e 5º de primaria tocoulles a visita de Esther, Andrea Pérez, Andrea Pereira, Alberto, Priscila, Pablo, Hugo e Álex. (Emilio encargouse de gravar as actuacións). A súa exposición comezaba así: "Se hai algo que caracteriza á nosa terra son as letras. Letras que forman palabras e palabras que alcanzan a poesía; poesía que fai voar ó corazón e contos que non deixan durmir os meniños porque con eles veñen as bruxas e algúns gatipedros..."
Logo, e a través do diálogo duns monicreques, puideron coñecer a figura do autor homenaxeado e algúns dos seus versos máis fermosos.

LETRAS GALEGAS II

Jesús, Iria Vieito, Ana Gabriela, Ana, Alexander, Alejandro e Dani visitaron as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria para contarlles ós nenos e nenas quen era Manuel María e lerlles algunhas estrofas representativas da súa literatura (sobre a Terra Chá, sobre Galicia, sobre a lingua e tamén algún anaquiño dun texto narrativo)












LETRAS GALEGAS

Algúns alumnos de 4º ESO, divididos en tres grupos, prepararon unhas dramatizacións baseadas na vida e na obra de Manuel María para logo percorrer as aulas de infantil e primaria contándolles ós nenos e nenas quen era o autor ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A experiencia foi moi positiva, tanto para os alumnos que prepararon as exposicións como para os receptores das mesmas. 
Iria Castro, Iria Gómez, Jenny, Andrea, Uxía, Paula e Aarón entraron nas aulas de infantil coa música da "Patrulla canina" para resolver unha misión moi importante: "Quen era Manuel María?" 
Despois de interactuar cos nenos chegou "Manuel María" para que todos xuntos cantaran e bailaran cun dos seus poemas "O caracol"

mércores, 25 de maio de 2016

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas decidimos cada nivel escoller e traballar con un dos poemas de Manuel María:
4º EI escolleu o poema "Caracol"; 5º EI, "O meu burriño"; 6º EI, "O sol"; 1º EP, "Señor gato"; 2º EP, "O río"; 3º EP, "O arco da vella"; 4º EP, "O mar"; 5º EP, "O vento"; 6º EP, "A lúa"; 1º ESO, "Conto de medo" e 2º, 3º e 4º de ESO traballamos co poema titulado "A fala".
Cos poemas fixéronse adaptacións musicadas, contos, lecturas dramatizadas, recitados, carteis sobre o tema do poema... 
Por exemplo os alumnos de 4º  EP fixeron un recitado colectivo, unha versión rap do poema e carteis alusivos ó mesmo.


Nas seguintes fotos podemos ver ós alumnos de 3º A EP traballando co seu poema.









mércores, 18 de maio de 2016

PREMIADOS NOS CERTAMES LITERARIOS DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis, e como vén sendo habitual nos últimos anos, os nosos alumnos acadaron un enorme éxito no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro que organiza o concello de Verín co gallo das Letras Galegas.
Primaria: 
    - Primeiro premio poesía: Paula Rodríguez e Silvia Calviño co poema titulado "Galiza"
   - Primeiro premio relato: Paula Rodríguez e Silvia Calviño co texto titulado "Abú"



1º/2º ESO:
     - Terceiro premio poesía: Carla Vaz Montero
3º/4º ESO:
     - Terceiro premio relato: Arancha Merodio
     - Segundo premio relato: Esther Santiago
   - Primeiro premio relato: Lucía Rodríguez co texto titulado "A cegas"

      - Segundo premio poesía: Esther Santiago
Parabéns tamén ós finalistas: Alicia, Hugo, Naiara, Nuria, Daniel, Inés, Iria, Lara, Noa e Unai.

domingo, 15 de maio de 2016

VISITA DE ELENA GALLEGO ABAD

O xoves día 12 de maio contamos no noso colexio coa presenza de Elena Gallego Abad, a autora da saga literaria con máis éxito entre os mozos galegos na actualidade; a saga de Dragal
Primeiro introduciu ós nosos alumnos de 3º e 4º de ESO no mundo dos dragóns: “Poucos personaxes de lenda se manteñen vivos na memoria colectiva como estes seres, que rozan a divindade. En todo o mundo, en todas as épocas, existen lendas sobre esta figura, destacada nos textos sagrados e na iconografía universal.”
Logo falounos da xénese e do futuro da saga Dragal. Un futuro no que prevé varios libros máis, adaptacións para videoxogos e incluso películas.

Despois de responder ás múltiples preguntas dos nosos alumnos, encantados coa presenza da autora, esta aínda tivo uns minutos para asinarlles o libro.