domingo, 6 de decembro de 2015

MEMORIA DO NADAL NO VESTÍBULO DO COLEXIO

Memoria do Nadal é unha recompilación de panxoliñas e aguinaldos recollidos polos nosos alumnos que pretende pór en valor a literatura popular herdada dos nosos devanceiros.

PÓDENSE LER ALGUNHAS PANXOLIÑAS DO TRABALLO AQUÍ

Recollemos varias versións das mesmas panxoliñas e aguinaldos, xa que ó tratarse de literatura de transmisión oral a variabilidade é unha das súas características. Tamén coidamos conveniente manter o vocabulario empregado polo informante e non corriximos castelanismos, dialectalismos, vulgarimos ou hiperenxebrismos.

sábado, 28 de novembro de 2015

EU SON... BALBINO

"Eu son ...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai que lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

Así comeza a obra máis universal da literatura galega, taducida a ducias de idiomas e con case  700.000 exemplares editados. Cando a Neira Vilas lle preguntaban o porqué deste éxito el adoitaba dicir que en todo o mundo sempre había nenos que se sentían identificados con Balbino. 



Con 87 anos de idade, falecía Neiras Vilas na súa aldea natal de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra). Pero a súa amplísima obra seguirá viva e seu Balbino ( e Manolito, e a tía Carme, e o tío Braulio, e Miguel, e a súa mestra Eladia...)  perdurará na memoria de moitas xeracións de galegos. E haberá novos lectores que descubrirán a un personaxe preguntón e incorformista que lles falará do amor, da hipocresía, das inxustizas, da amizade... 


luns, 23 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS 2015/16

Comezaron de novo a súa andaina as "mochilas viaxeiras" polos fogares das nosas alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º de EP. Están cheas de historias, de xogos, de música e de cine para compartir, gozar e aprender en familia.



Todas inclúen un caderno no que os alumnos e os pais poden deixar a súa opinión sobre esta actividade e o material; debuxar, pegar fotografías...




sábado, 31 de outubro de 2015

ENTREGA DE PREMIOS ÓS GAÑADORES


 OS AGASALLOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PARA OS GAÑADORES



A NOSA DIRECTORA GERARDA FÍXOLLES ENTREGA DOS AGASALLOS Ó TITOR E OS ALUMNOS DE 4º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA






 OS ALUMNOS DE 4º EP CO SEU TITOR RICARDO E CON MANOLO (COORDINADOR DO EDL DO CENTRO)


OS ALUMNOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN COS SEUS AGASALLLOS E COA DIRECTORA DO CENTRO


OS GAÑADORES: PABLO PAZOS, MARTÍN MONTESINOS,CARLOS DIMITRI RAMOS (MÁIS TRABALLADA); XAVIER ESTÉVEZ (MÁIS DIVERTIDA); BORJA PÉREZ, HUGO RODRÍGUEZ, XACOBE VELOSO (QUE DÁ MÁIS MEDO)

AS CABAZAS GAÑADORAS DO II CONCURSO DO SAMAÍN


 De esquerda a dereita: A cabaza de aula gañadora (4º B EP); A que dá máis medo; A máis divertida


A máis traballada

EXPOSICIÓN DAS CABAZAS E TRABALLOS DO SAMAÍN






























martes, 20 de outubro de 2015

TAPÓNS SOLIDARIOS

O LUNS 19 DE OUTUBRO COMEZAMOS DE NOVO A RECOLLIDA DE TAPÓNS, UNHA ACTIVIDADE SOLIDARIA QUE LEVAMOS REALIZANDO NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS. CON ELA XA ENTREGAMOS MÁIS DE TRES TONELADAS DE TAPÓNS PARA AXUDAR A DISTINTAS CAUSAS SOLIDARIAS. ESTE CURSO IMOS COLABORAR CON VALERIA, UNHA NENA DA NOSA VILA.


CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN