venres, 21 de maio de 2021

PODCAST XELA ARIAS

 Os alumn@s de 5° e 6° de Primaria fixeron un podcast no que nos contan a orixe do Día das Letras Galegas e fan un breve percorrido pola vida e obra de Xela Arias.






domingo, 16 de maio de 2021

Coñeces a vida e a obra de Xela?

O ALUMNADO DE 4º ESO PRESÉNTAVOS A XELA ARIAS


A través dos seguintes podcast poderás coñecer mellor a vida e a obra da autora homenaxeada este ano no día das letras galegas.

 ZOE              MARÍA-SILVIA               ANDREA NÚÑEZ   

 DANI-JAIME-MARCOS                SERGIO

HUGO GALLEGO    FARA      AARÓN    INÉS   MANUEL

GUILLERMO   ANDRÉS-HÉCTOR-HUGO GAR.

venres, 14 de maio de 2021

HOMENAXE HIMNO GALEGO

 O alumnado de primaria celebra o Día das Letras Galegas co recitado do poema de Pondal  titulado "Os pinos" que logo, coa música de Pascual Veiga, se converteu no noso himno.

Unha divertida homenaxe a Xela Arias e ó himno galego.



xoves, 6 de maio de 2021

MAIOS 2021

Neste ano tan especial  a pesares de que as medidas sanitarias nos impediron elaborar un maio artístico colaborativo entre alumnado e profesores, non quixemos faltar á celebración e colocamos na entrada do centro o noso maio 2021.

O noso alumnado de secundaria tamén participou, coma todos os anos, na elaboración das coplas que podedes ler no seguinte enlace: 

 COPLAS MAIOS 2021


sábado, 1 de maio de 2021

CONFERENCIA FRANCISCO NARLA

 Unha vez máis o noso centro participou o pasado venres no ciclo de conferencias organizadas pola Biblioteca Municipal de Verín. Desta volta foi o alumnado de 3º de ESO o que asistiu á interesante e amena conferencia do escritor Francisco Narla titulada "Escribir o pasado. Contar historia na narrativa" e na que indicou que para escribir unha boa novela o máis importante é crear unha historia que "enganche" ó lector e non tanto ser rigorosos cos feitos históricos. Tamén sinalou que o segredo do "éxito", como en todos os os oficios, é "traballo, traballo, traballo".





Podes volver ver a conferencia aquí.