sábado, 28 de maio de 2016

TRABALLOS CONCURSO "EN GALEGO..."









GAÑADORES DO II CONCURSO "EN GALEGO..."

Este ano estivo moi difícil para o xurado (composto polos alumnos e profesores membros do EDL) elixir os vencedores do II concurso de cartel e lema "En Galego...". A calidade dos traballos realizados polos alumnos era moi alta como podedes ver na exposición de todos eles que se atopa no patio cuberto do noso centro.
Os gañadores son:
4º A Infantil




1º CICLO PRIMARIA:
Carmen Page. 2º B
2º CICLO PRIMARIA:
Rodrigo González. 4ºB

2º CICLO PRIMARIA: 
Sofía Rodríguez. 6º B

  


1º CICLO ESO:
Sofía Morillo. 2º ESO B
2º CICLO ESO:
Andrea Pereira. 4º ESO B

Andrea e Sofía recibindo os agasallos de man de Nadia e Samuel.

LETRAS GALEGAS III


A 4º e 5º de primaria tocoulles a visita de Esther, Andrea Pérez, Andrea Pereira, Alberto, Priscila, Pablo, Hugo e Álex. (Emilio encargouse de gravar as actuacións). A súa exposición comezaba así: "Se hai algo que caracteriza á nosa terra son as letras. Letras que forman palabras e palabras que alcanzan a poesía; poesía que fai voar ó corazón e contos que non deixan durmir os meniños porque con eles veñen as bruxas e algúns gatipedros..."
Logo, e a través do diálogo duns monicreques, puideron coñecer a figura do autor homenaxeado e algúns dos seus versos máis fermosos.

LETRAS GALEGAS II

Jesús, Iria Vieito, Ana Gabriela, Ana, Alexander, Alejandro e Dani visitaron as aulas de 1º, 2º e 3º de primaria para contarlles ós nenos e nenas quen era Manuel María e lerlles algunhas estrofas representativas da súa literatura (sobre a Terra Chá, sobre Galicia, sobre a lingua e tamén algún anaquiño dun texto narrativo)












LETRAS GALEGAS

Algúns alumnos de 4º ESO, divididos en tres grupos, prepararon unhas dramatizacións baseadas na vida e na obra de Manuel María para logo percorrer as aulas de infantil e primaria contándolles ós nenos e nenas quen era o autor ó que se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A experiencia foi moi positiva, tanto para os alumnos que prepararon as exposicións como para os receptores das mesmas. 
Iria Castro, Iria Gómez, Jenny, Andrea, Uxía, Paula e Aarón entraron nas aulas de infantil coa música da "Patrulla canina" para resolver unha misión moi importante: "Quen era Manuel María?" 
Despois de interactuar cos nenos chegou "Manuel María" para que todos xuntos cantaran e bailaran cun dos seus poemas "O caracol"

mércores, 25 de maio de 2016

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas decidimos cada nivel escoller e traballar con un dos poemas de Manuel María:
4º EI escolleu o poema "Caracol"; 5º EI, "O meu burriño"; 6º EI, "O sol"; 1º EP, "Señor gato"; 2º EP, "O río"; 3º EP, "O arco da vella"; 4º EP, "O mar"; 5º EP, "O vento"; 6º EP, "A lúa"; 1º ESO, "Conto de medo" e 2º, 3º e 4º de ESO traballamos co poema titulado "A fala".
Cos poemas fixéronse adaptacións musicadas, contos, lecturas dramatizadas, recitados, carteis sobre o tema do poema... 
Por exemplo os alumnos de 4º  EP fixeron un recitado colectivo, unha versión rap do poema e carteis alusivos ó mesmo.


Nas seguintes fotos podemos ver ós alumnos de 3º A EP traballando co seu poema.









mércores, 18 de maio de 2016

PREMIADOS NOS CERTAMES LITERARIOS DAS LETRAS GALEGAS

Un ano máis, e como vén sendo habitual nos últimos anos, os nosos alumnos acadaron un enorme éxito no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro que organiza o concello de Verín co gallo das Letras Galegas.
Primaria: 
    - Primeiro premio poesía: Paula Rodríguez e Silvia Calviño co poema titulado "Galiza"
   - Primeiro premio relato: Paula Rodríguez e Silvia Calviño co texto titulado "Abú"



1º/2º ESO:
     - Terceiro premio poesía: Carla Vaz Montero
3º/4º ESO:
     - Terceiro premio relato: Arancha Merodio
     - Segundo premio relato: Esther Santiago
   - Primeiro premio relato: Lucía Rodríguez co texto titulado "A cegas"

      - Segundo premio poesía: Esther Santiago
Parabéns tamén ós finalistas: Alicia, Hugo, Naiara, Nuria, Daniel, Inés, Iria, Lara, Noa e Unai.

domingo, 15 de maio de 2016

VISITA DE ELENA GALLEGO ABAD

O xoves día 12 de maio contamos no noso colexio coa presenza de Elena Gallego Abad, a autora da saga literaria con máis éxito entre os mozos galegos na actualidade; a saga de Dragal
Primeiro introduciu ós nosos alumnos de 3º e 4º de ESO no mundo dos dragóns: “Poucos personaxes de lenda se manteñen vivos na memoria colectiva como estes seres, que rozan a divindade. En todo o mundo, en todas as épocas, existen lendas sobre esta figura, destacada nos textos sagrados e na iconografía universal.”
Logo falounos da xénese e do futuro da saga Dragal. Un futuro no que prevé varios libros máis, adaptacións para videoxogos e incluso películas.

Despois de responder ás múltiples preguntas dos nosos alumnos, encantados coa presenza da autora, esta aínda tivo uns minutos para asinarlles o libro.