xoves, 28 de febreiro de 2013

CONCURSO INSPIRACIENCIA

A nosa ex-alumna Esther Vaz Diéguez presentouse ao concurso "inspiraciencia" con dous relatos curtos moi interesantes titulados: "A esperanza non se perde así como así" e "Currículos, currículos, currículos..." 
Recoméndovos a súa lectura e, se vos gustan, podedes votar por eles marcando "me gusta".
As ligazóns son as seguintes:

sábado, 23 de febreiro de 2013

TWITTER XA PÍA EN GALEGO

 Twitter xa pía en galego
 Twitter xa comezou por fin a falar galego. En setembro a rede social anunciou, a través do perfil oficial do seu tradutor, que ía incorporar dezaseis novas linguas ao seu sistema, entre elas o galego. Antonte fíxose realidade e o galego únese así ao catalán e ao eusquera, que xa estaban dispoñibles.
En setembro o tradutor da rede social pediu axuda, a través do seu blog oficial, a todos aqueles dispostos a colaborar no seu servizo, que tiveron que inscribirse no Centro de Tradución para axudar a crear a versión galega de Twitter. Ademais do galego, Twitter incorporou outras linguas como o irlandés, o serbio ou o romanés.
Esta versión de Twitter en lingua galega chega despois dunha intensa campaña na comunidade galega. A mediados de xuño, miles de usuarios demandaron poderen empregar a ferramenta no idioma de Galicia. A través da etiqueta #TwitterQuereGalego esixiron que se fixera caso do que consideraban «unha necesidade e un dereito».
Outra campaña para pedir Twitter en galego foi a etiqueta #férvemeosangue, que se converteu nun dos temas máis comentados do momento (trending topics), apoios que se sumaron a unha intensa campaña posta en marcha polo usuario @tweet_en_galego para que a rede do paxariño non se esquecese da lingua de Galicia. Agora xa é unha realidade. Twitter xa pía en galego.

venres, 15 de febreiro de 2013

mércores, 13 de febreiro de 2013

xoves, 7 de febreiro de 2013

TAPÓNS SOLIDARIOS

O MARTES DÍA 5 ENTREGAMOS OS PRIMEIROS SACOS DE TAPÓNS PARA COLABORAR CO "BANCO DE TAPÓNS DO BAIXO MIÑO"

XEXÚN VOLUNTARIO 2013

COMO TODOS OS ANOS, O MARTES DÍA 5 CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DO XEXÚN VOLUNTARIO PARA COLABORAR COA CAMPAÑA DE "MANOS UNIDAS" ,QUE ESTE ANO TIÑA POR LEMA: NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE. ESTIVO CENTRADA NA PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE OS SEXOS E A AUTONOMÍA DA MULLER.

ANTES DE RECOLLER OS BOCADILLOS, TODOS OS ALUMNOS E PROFESORES, PUIDEMOS VER UN VÍDEO DA TERRIBLE SITUACIÓN DAS MULLERES NOUTROS PAÍSES DO MUNDO.  LOGO CANTAMOS A CANCIÓN DE MANUEL CARRASCO E MALÚ TIRULADA "QUE NADIE CALLE TU VERDAD"




O GRAN EQUIPO DE COLABORADORES-ORGANIZADORES