sábado, 28 de novembro de 2015

EU SON... BALBINO

"Eu son ...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai que lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

Así comeza a obra máis universal da literatura galega, taducida a ducias de idiomas e con case  700.000 exemplares editados. Cando a Neira Vilas lle preguntaban o porqué deste éxito el adoitaba dicir que en todo o mundo sempre había nenos que se sentían identificados con Balbino. 



Con 87 anos de idade, falecía Neiras Vilas na súa aldea natal de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra). Pero a súa amplísima obra seguirá viva e seu Balbino ( e Manolito, e a tía Carme, e o tío Braulio, e Miguel, e a súa mestra Eladia...)  perdurará na memoria de moitas xeracións de galegos. E haberá novos lectores que descubrirán a un personaxe preguntón e incorformista que lles falará do amor, da hipocresía, das inxustizas, da amizade... 


luns, 23 de novembro de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS 2015/16

Comezaron de novo a súa andaina as "mochilas viaxeiras" polos fogares das nosas alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º de EP. Están cheas de historias, de xogos, de música e de cine para compartir, gozar e aprender en familia.



Todas inclúen un caderno no que os alumnos e os pais poden deixar a súa opinión sobre esta actividade e o material; debuxar, pegar fotografías...