Lectura dramatizada
Dentro da materia de Lingua Galega e Literatura, e
en colaboración co programa PLAMBE da biblioteca do centro, os alumnos de 3º de
ESO realizaron una actividade de lectura dramatizada.
A lectura dramatizada é una modalidade de lectura
oral na que os alumnos deben representar os personaxes por medio da voz. É unha
actividade que lles proporciona moitas
vantaxes. Trabállase a dicción, a espontaneidade, a entoación, o medo
escénico... Non require a memorización dos textos, porén si é necesario
practicar a capacidade expresiva para darlles vida aos personaxes que
representan.
A obra escollida para este traballo foi O
achado do castro de Manuel Núñez Singala; unha historia de amor, humor,
situacións absurdas... e que “engancha” con facilidade ao alumnado.


