luns, 5 de decembro de 2011

CONTACONTOS


A semana do 14 ó 18 de novembro celebrouse a “Semana da Lectura” no noso colexio. Os alumnos e alumnas de educación infantil realizaron diversas actividades como a elaboración dun marcapáxinas e a dramatización de contos. Tamén puideron asistir na aula de psicomotricidade á representación dun contacontos; alí coñeceron a Martiño, un neno coma eles que lles fixo comprender a importancia de coidar os bens naturais.

                                                   Máis fotos.

1 comentario:

  1. Moi boas,

    O voso blogue acaba de ser agregado ao Planeta ENDL, un sitio web que recolle máis de 200 páxinas de interese para os Equipos, entre elas as propias bitácoras dos EDLG, e que se actualiza automaticamente con cada nova entrada que facemos/facedes.

    http://www.planetaki.com/normalizagaliza

    Saúdos e parabéns polo voso blogue.

    ResponderEliminar