martes, 30 de outubro de 2012

Benvidos á vosa casa!

Conchita, Javier, Belén, Ángela


Aquí vos presento ós catro futuros profes que están facendo prácticas connosco. Benvidas e benvido ó voso "antigo" cole. Oxalá gocedes coa experiencia!! E...  ánimo porque o noso é un traballo difícil pero marabilloso...

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Está sendo unha experiencia moi positiva e todo o mundo se está portando moi ben connosco. Persoalmente estou moi feliz de volver o "meu cole" porque nel vivín moi bos momentos, os meus recordos en xeral son moi positivos e non me está decepcionando nada a forma que ten de traballar o profesorado deste centro, parécenme os mellores profes do mundo e aprender como ensinar non é unha tarefa das fáciles e sodes os mellores profes que tiven e que podemos ter agora nestes momentos. Estou moi agradecida pola acollida que nos destes o igual que os meus compañeiros de primaria que seguro que agradecen o voso apoio. Aproveitade e gastádenos as pilas, que temos moitas ideas novas e moita enerxía para empregar en que mellor lugar que este "o noso cole". Moitas grazas!!!

    ResponderEliminar
  3. Non podo dicir máis do que acaba de dicir a miña compañeira de Infantil Belén.
    Entre nós os catro de prácticas e o profesorado do cal temos a oportunidade de volver disfrutar (agora codo con codo e do mesmo lado) é unha oportunidade grandiosa e inesquecible.

    En definitiva, un orgullo pertencer a este colexio ao que considero o meu segundo fogar.

    ResponderEliminar