xoves, 6 de novembro de 2014

TAPÓNS SOLIDARIOS

Este é Gilber, o neno de Ourense para  quen estamos a recoller tapóns no colexio a través do Banco de Tapóns do Baixo Miño (BANTA) e a zapatería Monterrey. Necesita 3000€ para uns audífonos e para terapias. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración, xa que desde novembro de 2011 levamos axudado a moitos nenos coas máis de dúas toneladas de tapóns recollidos no Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario