"Encantoume, penso que estas actividades favorecen e dinamizan a lingua galega, tanto na escrita como na fala. Conseguiu captar toda a nosa atención de forma lúdica e divertida" Elena
"Grandiosa actividade educativa cun aporte cultural sobre a literatura de misterio. Boa actuación e orixinalidade" Natalia
"A intriga, o medo, a sorpresa e mais a diversión son uns dos sentimentos que florecen con esta fermosa representación literaria" Javier González
"Pareceume a mellor forma de achegar a literatura ós mozos, cunha actividade sinxela pero moi entretida capaz de captar a nosa atención dende o primeiro momento" Sara
"Estivo moi ben. Rimos, algúns choraron coa risa... debería haber máis actividades coma esta. Xenial, foi xenial!; da forma que Raquel contaba todo, esas historias e como as contaba! Rimos e pasámolo coma nunca" Carmen Gallego
"A min encantoume. Pareceume unha actividade perfecta para a idade na que estamos xa que nos introduce no mundo da literatura e incítanos a ler máis. Á parte Raquel fixo un traballo fantástico!" José García
"A actividade foi amena e divertida, axudou ó desenvolvemento dos nosos dotes creativos no ámbito literario e sacounos por un intre da rutina das clases" Lúa María Núñez
"Pareceume bastante interesante xa que poucas veces lles adicamos tempo aos libros e esta foi unha oportunidade para achegarnos á lectura" Adrián Bolaño
"Gustoume moito porque foi unha maneira de aprender divertida e dinámica, e que me achegou máis interese pola literatura" Violeta
Ningún comentario:
Publicar un comentario