O pasado mércores 24 de setembro tivemos a oportunidade de gozar co teatro
en galego na nosa escola. Visitounos a Tropa de Trapo e representaron a obra Antía, Wamba e o regato pequeno. Os
protagonistas eran Antía, unha nena pequena cun bocadillo xigante, e Wamba, un
rapaz do Congo que traballaba vendendo cousas no topmanta. Despois dun fortuíto choque polas rúas da súa cidade
chegaron a un acordo e Antía compartiu con Wamba ese xigante bocadillo a cambio
das historias que Wamba lle contou.

Ademais de escoitar puidemos bailar, cantar e incluso actuar, no escenario
e dende as nosas butacas; a verdade é que foi unha auténtica experiencia na que
nos divertimos e aprendemos, que máis se pode pedir?
E agora queremos darlle as grazas á Tropa de Trapo e ao Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade por ternos ofrecido este súper espectáculo e ao
cole por acollelos e permitirnos gozar con el.
Aquí vos queda un enlace con máis información para todos aqueles que aínda
non tiveron a sorte de velo:
http://tropadetrapo.blogaliza.org/espectaculos/antia-wamba-e-o-regato-pequeno/
Ningún comentario:
Publicar un comentario