"Eu son ...
Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai que lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña".

Así comeza a obra máis universal da literatura galega, taducida a ducias de idiomas e con case 700.000 exemplares editados. Cando a Neira Vilas lle preguntaban o porqué deste éxito el adoitaba dicir que en todo o mundo sempre había nenos que se sentían identificados con Balbino.
Con 87 anos de idade, falecía Neiras Vilas na súa aldea natal de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra). Pero a súa amplísima obra seguirá viva e seu Balbino ( e Manolito, e a tía Carme, e o tío Braulio, e Miguel, e a súa mestra Eladia...) perdurará na memoria de moitas xeracións de galegos. E haberá novos lectores que descubrirán a un personaxe preguntón e incorformista que lles falará do amor, da hipocresía, das inxustizas, da amizade...

Ningún comentario:
Publicar un comentario