

Ledicia Costas, autora de
O Corazón de Xúpiter, estivo no noso centro o pasado martes vinte de febreiro para falar co alumnado do seu libro. Este agocha unha crítica ó mal uso das redes sociais velado baixo a historia dunha adolescente, apaixonada das estrelas, que cre atopar a alguén con quen falar na rede e de quen se namora. A través do desenlace da novela, Ledicia lanza unha advertencia, un retrato verídico que fai da sociedade e que plasma, dende os ollos inocentes da protagonista, os trazos de realidade que o seu público tratou durante a charla.
Noelia Gallego (4º ESOB)
Ningún comentario:
Publicar un comentario