mércores, 19 de xaneiro de 2022

O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO

 A Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento que corrixe a data de nacemento da autora.

A Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

Acudiron á convocatoria da Fundación Rosalía na Casa-Museo representantes de entidades relacionadas co Día de Rosalía. Tamén participaron representantes institucionais. Asemade, asistiu á xuntanza Sagrario Abelleira, investigadora que realizou o achado documental que demostra, entre outros feitos relevantes, que Rosalía de Castro naceu o día 23 de febreiro. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario