xoves, 20 de xaneiro de 2022

WORDLE EN GALEGO

 


É o viral do momento. O xogo do que todo o mundo fala. Nestes días,as redes sociais están cheas de imaxes con pequenos cadrados de cores grises, verdes e amarelas. O que moitos se preguntan é: de que se trata?

Este fenómeno foi bautizado como Wordle e ten unha mecánica realmente sinxela. O obxectivo é basicamente adiviñar unha palabra de cinco letras en seis intentos. O primeiro paso é encher unha  fila cunha palabra inicial de cinco letras. A partir de aí contaremos con algunhas pistas. Se unha das letras escritas está en cor gris, significa que non forma parte da palabra buscada. Se aparece en amarelo, iso quere dicir que está, pero nunha posición diferente, e se é de cor verde, imos no bo camiño, porque significa que a letra está no lugar correcto.

Unha das esencias do xogo éque tan só se pode xogar unha vez por día. É dicir, a páxina web —non se trata dunha aplicación nin de un programa— ofrece aos xogadores unha palabra que adiviñar cada 24 horas, polo que son moitos os que esperan cada noite con ansia a que dean as doce no reloxo para poder enfrontarse ao reto.

Dende este mesmo mes de xaneiro, todos os galegos podemos exercitar o noso vocabulario de lingua con esta divertida ferramenta.




FONTE: S. Cebrero. La voz de Galicia (19/01/22)



Ningún comentario:

Publicar un comentario